DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


COSTA RICA: PIDERAL, Conferencia final en San José.

10/03/2014 | O pasado 24 e 25 de febreiro celebrouse en San José (Costa Rica), na sede do Instituto Interamericano para a Cooperación en Agricultura (IICA), a conferencia de balance dos resultados do proxecto PIDERAL: Políticas Innovadoras para o Desenvolvemento dos Territorios Rurais en América Latina.

PIDERAL, financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID) e executado polo IICA, promoveu en Ecuador, Perú, Costa Rica e República Dominicana novos esquemas de articulación entre as prioridades de desenvolvemento dos territorios rurais organizados (simbolizados no proxecto por oito territorios rurais, dous por país) e as políticas públicas de nivel central.

O obxectivo do proxecto foi demostrar que dita articulación é posible e potenciaría unha mellora nas condicións sociais, económicas e ambientais dos habitantes das zonas rurais de América Latina e Caribe.

No cadro do proxecto, DEVALAR foi contratado polo IICA para prestar asistencia técnica aos equipos técnicos territoriais en Costa Rica. Aquí, PIDERAL apoiou a conformación do primeiro Consello Territorial de Desenvolvemento Rural (CTDR) do país, no territorio de Talamanca – Valle de la Estrella. Agárdase que os seguintes boten a andar nos territorios Sur Alto e Sur Baixo, nos que o proxecto tamén apoiou o fortalecemento das capacidades de xestión dos grupos de acción territorial xa existentes.

En Costa Rica PIDERAL foi ademais clave para a posta en marcha e regramentación da lei que transformou o Instituto de Desenvolvemento Agrario en Instituto de Desenvolvemento Rural (INDER).

Para máis información:
http://www.iica.int/Esp/prensa/paginas/comunicadoprensav1.aspx?cp=993
http://infoagro.net/programas/Pideral/default.aspx


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com