DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


ESPON: Conferencia final en Santiago de Compostela

10/04/2013 | Os pasados días 4 e 5 de abril celebrouse a Conferencia Final do proxecto SIESTA: Spatial Indicators for a “Europe 2020 Strategy” Territorial Analysis no Centro de Estudios Avanzados (CEA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), para difundir os resultados acadados para que sirvan como base para as políticas públicas e sirvan á Comisión Europea para mellorar o deseño das políticas rexionais e de cohesión.

O proxecto (www.siestaproject.eu) está liderado pola USC a través do grupo de investigación de Análise Territorial (ANTE). O profesor Rubén C. Lois coordinou a investigación en calidade de director do grupo ANTE.

SIESTA está financiado polo Programa ESPON 2013 (European Observation Network for Territorial Development and Cohesion) da UE, cunha aportación de 400.000 €. Este programa está financiado polo fondo FEDER e interesa aos 27 países da Unión máis Islandia, Liechtenstein, Noruega y Suíza.

Asistiron á Conferencia final, ademáis do coordinador do proxecto, os representantes das entidades que forman parte da rede como socios o CNRS (Francia), a Universidade “Adam Mickiewicz” de Poznan (Polonia), a Universidade de Reggio Calabria “Mediterranea” (Italia), a Universidade Aberta Helénica (Grecia), o CICADIT da Universidade de Bucarest (Romanía), o University College de Dublín (Irlanda) e a consultora MCRIT (España).

  

Máis información:

LINK Para máis información


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com