DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


ECUADOR: Presentado á Xunta de Galicia o Informe Final de Avaliación Ex-Post.

15/12/2017 | O pasado 15 de decembro presentouse á Direción Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia o informe final de avaliación ex-post das intervencións de Cooperación Galega no Ecuador durante o periodo 2007-2015.

O obxectivo da avaliación era o determinar o alcance e a calidade do traballo realizado polos axentes promotores das intervencións, con especial fincapé sobre o seu impacto e sostibilidade.

O equipo de DEVALAR levou a cabo a avaliación dun total de dezaoito intervencións promovidas por nove organizacións.
Asemade do traballo de gabinete, no marco do servizo realizaronse diversas entrevistas en profundidade e grupos focais en Galicia e en diferentes provincias do Ecuador, entre elas:Esmeraldas,Orellana,Pichincha,Cotopaxi, Chimborazo, Guayas,Manabí,Azuay e Loja.

As conclusións e recomendacións da avaliación servirán para orientar o proceso de definición por parte da Xunta das futuras convocatorias de proxectos e programas de cooperación no Ecuador.


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com