DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


ERASMUS+: Novas Convocatorias 2015

06/10/2014 | O pasado 2 de Outubro, a Comisión Europea publicou a convocatoria do Programa Erasmus+ para o 2015, o cal ten como principal foco de acción as áreas de educación, formación, xuventude, mobilidade e deporte.

Esta convocatoria abarca en concreto as accións dentro do Programa Erasmus+ de:
• Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe;
• Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas;
• Apoio á reforma das políticas;
• Actividades Jean Monnet; e
• Deporte.

Poderán acceder ao financiamento calquera entidade pública ou privada que traballe nos ámbitos de educación, formación, xuventude ou deporte. Así mesmo aqueles grupos de mozas e mozos que traballen no sector da xuventude poderán solicitar financiamento para a mobilidade por motivos de aprendizaxe de mozas e mozos, estudantes ou traballadores; ademais de para asociacións estratéxicas no ámbito da xuventude.

Poderán participar todos os Estados membros da Unión Europea, os países da AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein e Noruega; os países candidatos á adhesión da UE: Turquía e a antiga República Iugoslava de Macedonia; e, organizacións de países asociados (mais non en todas as accións do programa Erasmus+).

O orzamento total destinado a esta convocatoria será de 1 736,4 millóns de EUR.

Segundo o tipo de actividade, os prazos de presentación expirarán entre o 22 de Xaneiro e o 1 de Outubro do 2015, ás 12.00 CET.


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com