Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial
Programa de Dereitos, Igualdade e Cidadanía. Convocatoria de propostas
23/10/2014 | O pasado 20 de outubro, a Comisión Europea publicou a convocatoria de propostas para “Subvencións para apoiar os proxectos nacionais e transnacionais co obxectivo de promover a cidadanía da Unión Europea. Programa de Dereitos, Igualdade e Cidadanía (2014-2020)”.
Apoiará proxectos que promovan a cidadanía da Unión, en particular para facilitar o exercicio do dereito á libre circulación e os dereitos electorais derivados da cidadanía.
Esta convocatoria financiará actividades que:
- melloren o coñecemento e a experiencia das normas da UE sobre a libre circulación, en particular a Directiva 2004/38/CE, das autoridades locais/rexionais/nacionais involucradas na implementación destas normas;
- sensibilicen aos cidadáns a cerca do seu dereito de libre circulación e a súa capacidade para a aplicación efectiva dos seus dereitos na UE;
- desenvolvan, identifiquen e promovan o intercambio e a difusión das boas prácticas aplicadas ao longo da UE a nivel local/rexional/nacional para fomentar a integración exitosa e a participación dos cidadáns da UE na vida cívica e política do país da UE de acollida.
Todos os solicitantes deben de ser organizacións sen ánimo de lucro, tanto públicas como privadas, u organizacións internacionais. Teñen que estar establecidas legalmente nun país elixible (Estados membros da UE e Islandia), isto non é aplicable ás organizacións internacionais.
Os proxectos non deben comezar antes da data de presentación da solicitude.
A subvención solicitada á UE non pode ser inferior á 75 000 EUR.
O orzamento dispoñible na presente convocatoria asciende á 1 500 000 EUR.
O prazo de presentación de propostas á través do sistema PRIAMOS remata o 4 de Febreiro de 2015, ás 12.00 CET.