DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


Erasmus+ Acción 3: Nova Convocatoria 2015

27/11/2014 | O pasado 27 de Novembro, a Comisión Europea publicou dentro da convocatoria do Programa Erasmus+, a Acción clave 3: Apoio á reforma das políticas. Proxectos europeos de cooperación prospectiva nos ámbitos da educación, da formación e da xuventude, para o 2015..

Os obxectivos destes proxectos son identificar, desenvolver e avaliar novos enfoques innovadores nos ámbitos da educación, da formación e da xuventude que se podan integrar e permitan obter información para mellorar as políticas de educación e xuventude a través de diversas actividades.

Poderán acceder ao financiamento calquera entidade pública ou privada que traballe nos ámbitos da educación, da formación e da xuventude.

Poderán participar todos os Estados membros da Unión Europea; os países da AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein e Noruega; e, os países candidatos á adhesión da UE: Turquía e a antiga República Iugoslava de Macedonia.

O orzamento total destinado a esta convocatoria será de 17 millóns EUR. A subvención máxima por proxecto será de 500 mil EUR.
A axuda financeira da UE non superará o 75% do total de custos.

O prazo de presentación expirará o 24 de Febreiro do 2015, ás 12.00 CET.

  

Máis información:

LINK Máis Información


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com