DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


Erasmus+ Acción 3: Nova Convocatoria 2015. Ensinanza.

19/12/2014 | EO pasado 18 de Decembro de Novembro, a Comisión Europea publicou dentro da convocatoria do Programa Erasmus+, a Acción clave 3: Apoio á reforma das políticas – Iniciativas prospectivas. Experimentacións de políticas no ámbito da educación .

O obxectivo principal da convocatoria é alentar ás autoridades públicas competentes a que presenten propostas para poñer a proba ideas e reformas innovadoras en materia de políticas nos ámbitos da contratación, selección e orientación inicial dos novos profesores procedentes de outras traxectorias profesionais (poden tratarse de graduados, profesionais que se atopen na metade da súa carreira ou desempregados sen unha preparación docente formal para converterse en profesores).
O tema prioritario é reforzar a contratación, a selección e a orientación inicial dos mellores candidatos, e os máis idóneos, para a profesión docente mediante o desenvolvemento de itinerarios alternativos para a ensinanza.

Poderán acceder ao financiamento calquera autoridade pública ou entidade pública ou privada que traballe nos ámbitos da educación, da formación e da xuventude.

Poderán participar todos os Estados membros da Unión Europea; os países da AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein e Noruega; e, os países candidatos á adhesión da UE: Turquía e a antiga República Iugoslava de Macedonia.

O orzamento total destinado a esta convocatoria será de 5 millóns EUR. A subvención máxima por proxecto será de 2,5 millóns EUR.
A axuda financeira da UE non superará o 75% do total de custos.

As datas límite para a presentación de propostas:
- Pre-propostas (formulario electrónico): 20 de marzo de 2015, ás 12.00 CET.
- Propostas completas (solicitude en papel): 1 de outubro de 2015 (data do selo postal).

  

Máis información:

LINK Máis información


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com