DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


Convocatoria 2015 Proxectos e Microproxectos de Cooperación da Xunta de Galicia.

01/01/2015 | O pasado 30 de decembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do 2015 de subvencións para a execución de proxectos e microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos por axentes de cooperación.

A presente convocatoria establece os tipos de proxectos que poden solicitar a axuda e o financiamento total destinado a cada un:

- Proxectos no exterior executados por organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD); cunha partida total destinada de 2.870.000€ (1.435.000€ para o 2015 e 1.435.000€ para o 2016).
- Microproxectos no exterior executados por organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento por outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento; cun financiamento de 80.000€ para o 2015.
- Proxectos no exterior executados por outros axentes de cooperación recoñecidos pola Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento (universidades, empresas, sindicatos, fundacións, comunidades galegas); cunha subvención total de 700.000€ dividida entre os dous anos (350.00€ para o2015, e 350.000€ para o 2016).

A Xunta de Galicia cofinanciará ate o 95% do orzamento por proxecto.

Esta convocatoria enmárcase dentro do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de xaneiro de 2015.

  

Máis información:

LINK Máis información


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com