Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial
ECUADOR: Xornada Presentación Resultados (EGAP)
15/03/2017 | O pasado 19 de xaneiro realizouse na EGAP a Xornada Pública de Presentación de Resultados relativo á Avaliación ex-post das intervencións de Cooperación Galega en Ecuador durante o periodo 2007-2015.
Nesta xornada contouse coa participación da Direción Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia e de boa parte das ONG´s e axentes de cooperación promotores das intervencións.
A presentación correu a cargo da Directora de DEVALAR Consultoría Europea, Esther Rodríguez López, coordinadora do equipo de avaliación do que tamén formaron parte Luis Ortiz e Rosa Gómez-Reino.