DEVALAR


:

CEPAD

Devalar é unha entidade firmante da Rede Española do Pacto Mundial

 

 

 


EDULINK II - 4º Meeting Cuba

15/03/2017 | O pasado mes de novembro (21-25)tivo lugar o 4º Meeting no marco do proxecto "Food Security:From University to Territory" financiado polo programa Edulink II ACP-UE da Comisión Europea no que Devalar participa prestando labores de coordinación, seguemento e avaliación. Nesta ocasión os anfitrións foron os nosos colegas cubanos do CENSA

O proxecto Edulink II é liderado pola Universidad Central del Este (República Dominicana) e nel participan o CENSA (Centro Nacional de Sanidad Agropecuaria) de Cuba e o POLIMI - Politecnico di Milano (Italia)

O proxecto "Food Security: From University to Territory" celebrará o seu próximo meeting de peche en San Pedro de Macorís - Repúlica Dominicana no próximo mes de xuño de 2017 entrando en fase de reporting e auditoría.

O obxectivo xeral do proxecto é contribuir á seguridad alimentaria nas zonas marxinadas do Caribe, mediante a creación de redes entre as universidades participantes e as organizacións locais da sociedade civil.

Os sistemas de xestión e as capacidades universitarias para a aprendizaxe e a práctica en materia de seguridade alimentaria melloraranse mediante fortalecemento da Facultade de Agronomía e o laboratorio da UCE e mediante o desenvolvemento e implementación dun currículum en agronomía con concentración en seguridade alimentaria.
O obxectivo é capacitar a 50 profesores/as e 60 profesionais en República Dominicana para impartir ensino e ampliar este ás comunidades marxinadas.

O proxecto centrarase nas comunidades de seis rexións con altos niveis de pobreza en República Dominicana (a través das Axencias de Desenvolvemento Económico Local, concentrando estudios e investigacións sobre productos locais con cualidades nutricionais beneficiosas e mellores cadenas de valor local / rexional.

  

Máis información:

LINK Ficha de Proxecto (ACP-UE Edulink II)


 

 

Espanol
Galego
English  
NOVAS

CONVOCATORIAS ABERTAS

   


(c) 2004, Devalar Consultoría Europea • devalar@devalarconsult.com