Cooperación internacional ao desenvolvemento

DEVALAR é unha iniciativa profesional que dende o 2002 ofrece servizos de consultoría, asistencia técnica e formación centrados no ámbito da Cooperación Internacional e da Educación para o Desenvolvemento.

Realizamos servizos para a administración pública, o sector privado e o terceiro sector vinculados á identificación, formulación, seguemento e avaliación (final, ex ante e ex post) de proxectos de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento en América Latina, África e Asia.

Acompañamos ás organizacións, nos seus procesos de fortalecemento institucional para que a través de procesos formativos prácticos e participativos consoliden os seus propios procesos de cambio e mellora.

Servizos
Proxectos
Equipo