Consultoría en Cooperación Internacional e Educación para o Desenvolvemento

Coordinamos e realizamos procesos de identificación, realizando diagnósticos, liñas de base e utilizando ferramentas de levantamento de información, dende un enfoque participativo comunitario.

Brindamos un acompañamento especializado, continuo ou puntual, para valorar a viabilidade e posibilidades de éxito das propostas e elaborar e presentar proxectos a convocatorias públicas e/ou privadas de ámbito estatal ou internacional.

Acompañamos ás ONGDs a realizar un axeitado seguemento e xustificación técnica e económica das súas intervencións.

Poñemos toda a nosa experiencia ao servizo das administracións públicas e entidades privadas para a realización de avaliacións ex ante e avaliacións ex post, para dun xeito retrospectivo axudalas a analizar sobre o acerto da estratexia deseñada, a súa sostibilidade, complementariedade conseguida e os efectos/impactos logrados.

Formación

Organizamos, deseñamos e impartimos cursos, seminarios e accións formativas (presenciais ou virtuais), nos principais ámbitos e metodoloxías de traballo adaptadas a cada necesidade, sistematizadas e orientadas sempre á práctica.

Adaptamos as diferentes temáticas e metodoloxías do curso ao colectivo destinatario da formación e a coxuntura internacional, considerando a educación/formación como un proceso dinámico, interactivo e participativo.

RSC para o Desenvolvemento e Innovación Social

Promovemos alianzas público-privadas para o desenvolvemento con empresas e organizacións que buscan un compromiso coa resolución de problemas e coa transformación social.

Proporcionamos ferramentas a entidades que desexen desenvolver iniciativas de acción e innovación social vinculadas á loita contra a pobreza.